Sunday 19 de May de 2024

Suspéndese o espectáculo itinerante Travesos pola previsión de mal tempo


O mal tempo previsto para o 4 de xaneiro obriga a suspende-lo espectáculo Travesos, de Sarao Producción & Animación, debido ao seu carácter itinerante polo núcleo urbano da Pobra do Caramiñal.
Trátase dunha das actividades no seo da programación do Nadal para a dinamización social e económica nesta época festiva deseñada dende a Administración local.